O proxecto
Que é Guille Outes e por que existe.
Guille Outes empezou cunha serigrafía de garaxe, vinte camisetas e un muro do barrio. A idea era sinxela: roupa con arte que aguante, sen logos alleos e sen tiradas infinitas.
Hoxe son cinco coleccións ao ano, producidas en series curtas. Cando unha referencia se esgota, só volve se o tecido e o prezo seguen tendo sentido.
Non atopaches o que buscabas? Escríbenos e contestámosche en menos de 24 h laborables.